InicioOccidentalViveiroPremio á Excelencia do Turismo e da Gastronomía para a Festa da...

Premio á Excelencia do Turismo e da Gastronomía para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro

A candidatura desta festa fora presentada polo propio Concello de Viveiro, co obxectivo de aumentar o recoñecemento da celebración.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e a ACD Penalba recolleron hoxe, Día Mundial do Turismo, o premio á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro. Concretamente, esta tradición viveirense recibiu o galardón na categoría ‘…E para comer, Lugo’ á gastronomía lucense.

Asistiron ao acto celebrado en Lugo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Jesús Fernández; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Juan Canoura, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Penalba.

A candidatura desta festa fora presentada polo propio Concello de Viveiro, co obxectivo de aumentar o recoñecemento da celebración. “Este premio confirma de novo a relevancia da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, consolidada como un atractivo turístico e gastronómico a nivel galego”, sinala María Loureiro.

A Festa da Merluza do Pincho de Celeiro pon en valor a este produto, pescado artesanalmente polos barcos locais. Durante a celebración, prepáranse uns 800 kg de merluza que se degustan en distintas elaboracións. Ademais, o Concello de Viveiro colabora coa organización da festa.

“Agradecemos o esforzo dos veciños e veciñas, especialmente de Celeiro, e das entidades que colaboran nesta festa cada ano, en especial á ACD Penalba de Celeiro, impulsora da festa, cuxo traballo permite obter este tipo de recoñecementos”, finaliza a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...