InicioOccidentalViveiroViveiro abre o seu stand en Termatalia para a promoción da vila...

Viveiro abre o seu stand en Termatalia para a promoción da vila como destino turístico durante todo o ano

“Esta feira permítenos posicionar Viveiro como un destino relevante para os touroperadores. O noso municipio gaña valor, sumando ao habitual turismo de verán, unha oportunidade de turismo de saúde, sendeirismo e natureza”, sinala Marisol Rey, concelleira de Turismo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está presente desde hoxe, 29 de setembro, en Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar. A Feira, que se clausura mañá venres, permite posicionar ao municipio como un destino turístico de descanso e natureza.

Por primeira vez, Viveiro conta cun stand propio na feira, que lle permite impulsar o seu programa de promoción turística. O Concello de Viveiro busca desestacionalizar a chegada de visitantes, co obxectivo de promocionar os atractivos do municipio nas distintas épocas do ano.

“Esta feira permítenos posicionar Viveiro como un destino relevante para os touroperadores. O noso municipio gaña valor, sumando ao habitual turismo de verán, unha oportunidade de turismo de saúde, sendeirismo e natureza”, sinala Marisol Rey, concelleira de Turismo. A edil reuniuse nesta primeira xornada con varios touroperadores internacionais, entre eles Travel Connections, Weekendesk ou Juren&Wellness.

Nestas dúas xornadas, o Concello de Viveiro reunirase con touroperadores de Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Portugal, Irlanda e Reino Unido, ampliando así o turismo estranxeiro. En Termatalia participan 25 países, posicionada como a principal feira de turismo de saúde.

A nosa vila xa conta cunha importante notoriedade como destino turístico no verán, por iso agora nos esforzamos en atraer visitantes noutras épocas, para que gocen do paisaxe, descanso, gastronomía e patrimonio cultural e natural.”, engade a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...