InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro reclama reabrir o matadoiro comarcal e acusa á...

O BNG de Viveiro reclama reabrir o matadoiro comarcal e acusa á última empresa xestora de ineficiencia

A formación nacionalista sinala que até o de agora non se presentaron documentos sobre a realización de “labores de inspección” da nave.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG viveirense sinala que a última empresa que xestionou o Matadoiro Comarcal desde 2014 até maio de 2021 non cumpriu “nin unha soa cláusula do contrato”. Os nacionalistas destacan que “ninguén do equipo de goberno” exixiu documentación ou revisou a explotación do matadoiro, “cumprindo coas cláusulas do contrato”.

Acusan á empresa de non ter pagado o canon anual establecido e tampouco realizou ningunha mellora “obrigadas por contrato provocando o deterioro das instalacións municipais (matadoiro)”.

Ademais, en novembro de 2021 propúxose unha resolución para reclamar por vía xudicial os case 64.000 euros que a empresa debe ao Concello de Viveiro. O BNG viveirense pide explicacións sobre o diñeiro que debe a empresa e por que non se ten licitado o servizo do matadoiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...