InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro critica que o BNG recollera sinaturas fóra de...

O Concello de Viveiro critica que o BNG recollera sinaturas fóra de “tempo e forma” para a participación da veciñanza no vindeiro pleno

O comunicado do Concello de Viveiro vén en relación á petición do BNG para que a veciñanza da Misericordia participe no pleno do martes catro de outubro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro emitiu unha nota en relación á solicitude de participación de veciños e veciñas da Misericordia no pleno do 4 de outubro. Dita nota sinala que tendo en conta as declaración realizadas pola voceira do BNG, afirmando que os veciños poderán participar no pleno de mañá martes, 4 de outubro, quérese aclarar en primeiro lugar que o asunto sobre o que se quere falar é un tema complexo e que por parte do concello se entende a preocupación dos veciños.

Na mesma nota sinalan que se entende “que os veciños realicen as súas reclamacións e que a voceira do BNG estea con eles como calquera representante político municipal. O que non se entende é que Miriam Bermúdez confunda aos veciños simplemente por artimañas políticas; ela sabe que o Pleno é un órgano regrado, no que están representados todos os veciños e veciñas, e que se rexe por un regulamento, o Regulamento de Organización Municipal (ROM), no que se establece o procedemento para este tipo de participación veciñal e todas as demais cuestións que teñan que ver coas sesións plenarias”.

O goberno municipal de Viveiro apunta tamén na súa nota que “a voceira do BNG sabe que nese Regulamento se estipulan uns prazos e que, neste caso en concreto, non é posible incluír esta participación veciñal no pleno de mañá, martes 4, porque as sinaturas se presentaron o venres, cando o pleno xa estaba convocado e sen cumprir os prazos de antelación previstos, que establecen que estas peticións para ser incluídas no vindeiro pleno ordinario deben presentarse con 10 días de antelación”.

O goberno local sinala que a voceira do BNG viveirense “sabe que este punto non se pode incorporar na orde do día e aínda así anúnciao. Entendemos que apoie aos veciños, pero o que non entendemos é que se aproveite da situación. Non comprendemos que anuncie que os veciños van intervir no pleno de mañá, cando sabe que o regulamento establece que a petición ten que realizarse co antelación referida”.

Os plenos réxense por un regulamento no que se establece o procedemento a seguir en cada caso  “e a voceira do BNG sábeo, polo que está enganando aos veciños e mentindo cando di que non se lles deixa falar, porque non é certo”. Por iso o goberno local pide cumprir o regulamento, ademais de indicar, neste sentido, que “hai outros procedementos e outras maneiras de que os veciños poidan falar e expresar as súas inquedanzas, non ten porque ser só no pleno”.

“A presentación de sinaturas para intervir no pleno é unha das formas recollidas no Regulamento, pero hai que facelo en tempo e forma, polo que lles correspondería facelo no próximo pleno de novembro. De todos xeitos, entendemos que é un tema complicado e como os veciños contaban con poder intervir mañá vamos deixarlles falar nesta sesión plenaria”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...