InicioOccidentalViveiroA Porta de Carlos V de Viveiro estará iluminada de cor turquesa...

A Porta de Carlos V de Viveiro estará iluminada de cor turquesa polo Día Internacional da Dislexia

Este 2022, Nacións Unidas realizará un evento sobre a dislexia con motivo desta efeméride.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase á campaña internacional “Unidos por la Dislexia”, que se celebra con motivo do Día Internacional da Dislexia. Viveiro mostrará o seu apoio a esta data iluminando de cor turquesa a porta de Carlos V, durante a noite do sábado 8 de outubro.

O Concello de Viveiro adhírese así á reivindicación da Federación Española de Dislexia, á que se suman cada ano institucións de todo o mundo. Este 2022, Nacións Unidas realizará un evento sobre a dislexia con motivo desta efeméride.

O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade este trastorno da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e carecen da notoriedade necesaria.

#Unidosporladislexia

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...