InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro colaborará co Conservatorio na realización dun curso dirixido...

O Concello de Viveiro colaborará co Conservatorio na realización dun curso dirixido a profesores

A reserva de matrícula pode facerse no email cmus.profesional.viveiro@edu.xunta.gal ou no teléfono 982 560486. O prazo remata o día 10 de outubro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro reforzan a súa colaboración e a súa aposta pola excelencia na educación, organizando un curso dirixido a profesores de música das especialidades de composición, linguaxe musical, guitarra, piano, gaita, trombón e saxofón.

Con este novo curso preténdese dotar aos profesores participantes dunha visión histórica da evolución harmónica que lles permita mellorar os seus plantexamentos didácticos na aula, e con isto mellorar a calidade da educación. Ademais van a explorar a linguaxe musical característica de cada unha das especialidades participantes.

O curso, que se vai a desenvolver durante os meses de outubro, novembro e decembro, está aberto a profesores de escolas de música e de conservatorios ata un máximo 11 prazas.

Ten unha duración de 120 horas e vai a ser impartido polo director do Conservatorio, Antonio José Álvarez Neira, profesor de grao superior de guitarra clásica. Realizou tamén estudios de harmonía, contrapunto, fuga e composición co prestixioso profesor Rafael Rodríguez Camacho.

A reserva de matrícula pode facerse no email cmus.profesional.viveiro@edu.xunta.gal ou no teléfono 982 560486. O prazo remata o día 10 de outubro.

Ademais deste curso, o concello está a ultimar co conservatorio unha serie de cursos gratuitos para aficionados á música sen coñecementos previos. Con estes cursos, que se van a desenvolver dentro do conservatorio e en diferentes centros sociais do Concello, preténdese achegar a música á toda ciudadanía de Viveiro, independentemente da súa idade e dos seus coñecementos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...