InicioOccidentalViveiroViveiro entrega sinaturas en apoio ao sector da pesca na confraría de...

Viveiro entrega sinaturas en apoio ao sector da pesca na confraría de Celeiro contra o veto da UE

“Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector”, afirma a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, entregaron hoxe na cofradía de pescadores Santiago Apóstol de Celeiro máis de 130 sinaturas dos veciños e veciñas de apoio á flota de fondo.

O concello quere manifestar unha vez máis o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.

“Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector”, afirma a alcaldesa. O Concello manterá todo o mes a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial en apoio á flota de fondo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...