InicioOccidentalViveiroO Concello regulariza a parte interior de ribeira nos paseos de Covas...

O Concello regulariza a parte interior de ribeira nos paseos de Covas e Viveiro

“Despois de multitude de reunións de traballo e de xestións tanto a nivel provincial como estatal, conseguiuse dar cunha vía de saída aos problemas coñecidos por todos nesa zona”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro enviou un comunicado en relación ás fochancas existentes na zona da Variante. Sobre iso e en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, en base á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos (que hoxe en día forman parte do dominio público marítimo terrestre), procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre.

Este trámite permite a declaración de innecesariedade previa á tramitación da desafectación e posterior cesión ao concello. “Despois de multitude de reunións de traballo e de xestións tanto a nivel provincial como estatal, conseguiuse dar cunha vía de saída aos problemas coñecidos por todos nesa zona”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Para esta solución lévase traballando dende hai anos, conseguindo que neste momento estea a piques de rematar a tramitación necesaria para a desafectación deses terreos e posterior cesión ao concello por parte de Patrimonio do Estado.

Neste sentido, cabe subliñar o importante e arduo traballo que se leva facendo dende o concello; resultando un proceso máis longo do inicialmente esperado que puido chegar á súa fase final grazas á preocupación e insistencia deste concello.

Ademais de tratarse dun proceso longo, require da intervención de varias administracións pero que, finalmente, vai permitir que o concello conte coa titularidade dos terreos afectados e poida definitivamente proceder ao seu arranxo.

Ao longo deste proceso, ademais da tramitación correspondente, é necesario contar coa conformidade das administracións competentes, como titulares do dominio. Durante todo este tempo, o Concello de Viveiro non cesou no seu intento e esforzo por lograr unha solución, atopándose neste momento na fase final. A solución a este problema é unha realidade, que xa se anunciou no seu momento, que se publicou e para o que se realizou o correspondente trámite de información pública.

O grupo de goberno considera que “dende a oposición resulta sinxelo facer demagoxia con este asunto, sacando á luz o mal estado actual cando de sobra son coñecedores da imposibilidade por parte do concello de darlle un arranxo definitivo en tanto non conte coa súa titularidade, sen prexuízo dos arranxos temporais que o concello veu realizando ao longo dos últimos anos”.

Estou de acordo en que se trata dun problema que urxe solventar, pero os tempos e os trámites administrativos son os que son e este concello, sen deixar lugar a dúbidas, sempre traballou na búsqueda dunha solución que agora, podemos congratularnos, se atopa na fase final”, remata a alcaldesa.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...