InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro acusa á alcaldesa de dar marcha atrás no...

O BNG de Viveiro acusa á alcaldesa de dar marcha atrás no arranxo da estrada das Pallaregas

O BNG apunta que “de feito as máquinas a día 26 de setembro estaban no ramal da Pedreira para proceder co seu arranxo”.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro sinala nun comunicado que un dos casos máis destacables de estradas en mal estado no Concello é a estrada que vai desde Covas até á Casería, nas Pallaregas. “Unha estrada con tráfico intenso e que se atopa nun estado lamentable con incontables baches, falta de sinais e cunetas que desbordan auga”.

O 23 de febreiro a Agrupación de veciños das Pallaregas tivo unha reunión para tratar este tema coa presencia da alcaldesa, o tenente de alcaldesa e varios técnicos municipais. Os representantes municipais informaron á veciñanza de que esta estrada xa tiña “o proxecto feito para o seu arranxo, onde ensinaron planos, memorias e varias explicacións aos alí presentes” segundo o BNG. Neste proxecto ía a estrada principal das Pallaregas que vai desde a vía do tren ata a Casería, ademais dun ramal que sae desta que vai cara o cemiterio e volta á mesma pola Pedreira.

Xunto a estas estradas tamén figuraba outra do lugar de Vieiro. Segundo o BNG os representantes locais dixeran que se realizarían de maneira inminente. Os nacionalistas sinalan que a propia alcaldesa sinalou que “o estado das mesmas é moi malo” e afirmou que xa contaba dito proxecto cunha achega para a súa execución. O BNG apunta que “de feito as máquinas a día 26 de setembro estaban no ramal da Pedreira para proceder co seu arranxo”.

No comunicado do BNG sinalan que unha persoa veciña das Pallaregas, vendo as obras na Pedreira, preguntou ao encargado de obras do Concello “se a estrada principal das Pallaregas se ía facer a continuación”, tendo por resposta que “non, que neste momento non hai cartos para a súa execución”. O BNG levou a situación de Pallaregas e que ocorreu co orzamento destinado para os arranxos a realizarse.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...