O Concello de Viveiro uniuse a un programa do Fondo Galego de Cooperación para implantar obxectivos ODS

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son unha iniciativa que estará coordinada a nivel local pola concellería de Benestar social e un equipo do Concello traballa agora en deseñar o plan municipal de ODS.

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro adheriuse recentemente a un programa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para implantar no municipio de forma progresiva os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A iniciativa está coordinada a nivel local pola concellería de Benestar social e un equipo do Concello traballa agora en deseñar o plan municipal de ODS. Neste plan inclúense actividades de divulgación e sensibilización entre a poboación na procura da sostibilidade.

Entre esas actividades, promóvese un concurso de debuxo infantil ‘O meu concello e os ODS’, dirixido aos nenos e nenas de Educación Primaria matriculados nun centro educativo de Viveiro.

A rapazada deberá realizar un debuxo tamaño folio, ou máis pequeno, e escribir o seu nome, curso colexio e datos de contacto no reverso da folla. O debuxo pode depositarse no centro educativo ata o próximo 25 de outubro.

A iniciativa busca sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a importancia da implantación da Axenda 2030 desde o nivel local a través dun concurso de debuxos relacionados cos ODS entre os/as escolares da vila.

O xurado valorará a orixinalidade e creatividade do debuxo, a súa vinculación coa Axenda 2030 e os ODS, a introdución de elementos locais propios do Concello, a aparición de elementos medioambientais e sociais no debuxo, así como a calidade artística e creativa do debuxo.

Outorgarase un premio para os cursos 1º a 3º e outro premio para os cursos de 4º a 6º. Os premios consistirán en dous vales valorados en 30 euros cada un para a compra de material escolar nun comercio local do teu concello.

A Axenda 2030 está concibida como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible. Malia a súa ambición global, trátase en esencia dunha axenda centrada na actuación local, empregando as institucións máis próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here