InicioOccidentalViveiroViveiro organiza unha tarde de festa e convivencia para maiores o domingo...

Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia para maiores o domingo 23 de outubro

“Traballamos desde hai tempo para impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello estas actividades, dirixidas a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.

O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro. Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de 15:00 a 20:00 horas e os domingos de 15.30 a 19.30 horas, e no Espazo +60 de Viveiro (centro social Afundación Abanca), de luns a venres de 10:00 a 13.30 e de 15.30 a 21:00 horas.

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo pon en marcha o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

O programa ‘Recnoecta-te’ inclúe clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física.

“Traballamos desde hai tempo para impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello estas actividades, dirixidas a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...