InicioOccidentalViveiroO Grupo de Participación Adolescente de Viveiro reúnese este mércores na sala...

O Grupo de Participación Adolescente de Viveiro reúnese este mércores na sala de Xuntas do Concello

"É unha plataforma a través da que traballar e defender os Dereitos da Infancia. Un espazo no que se lles da voz, e que serve ademais para que dende o Concello se poida atender as súas propostas e demandas, dando resposta ás súas necesidades e intereses”, destaca Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da próxima reunión do Grupo de Participación Adolescente para mañá mércores, 19 de outubro. Os integrantes desta iniciativa convocan a xuntanza na Sala de Xuntas do Concello de Viveiro, nunha cita que comezará ás 16.30 e concluirá en torno ás 18.30 horas.

Na súa última reunión o Grupo de Participación Adolescente elaborou un díptico coa finalidade de dar a coñecer o seu labor, ao tempo que animan a todas as mozas e mozos da vila a unirse a elas e eles no seu segundo ano de vida.

“É unha plataforma a través da que traballar e defender os Dereitos da Infancia. Un espazo no que se lles da voz, e que serve ademais para que dende o Concello se poida atender as súas propostas e demandas, dando resposta ás súas necesidades e intereses”, destaca Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro.

“Ao mesmo tempo as rapazas e rapaces aproximanse á política local, galega e estatal, e tratan de facer as súas aportacións como un medio para lograr cambios, atendendo aspectos relevantes para elas e eles ”, engade a edil.

Neste senso, entre as próximas actividades previstas polo Grupo de Participación Adolescente, está a súa Participación no X Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia, no marco do Día Mundial da Infancia o próximo 15 de novembro xunto a outros 11 grupos mais da comunidade autónoma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...