InicioOccidentalViveiro'Superarte' presenta mañá en Viveiro o libro "Las Capas de una Cebolla"

‘Superarte’ presenta mañá en Viveiro o libro “Las Capas de una Cebolla”

A tarde desde xoves 20 de outubro, dende as 20.30 horas, a Sala Multiusos do Concello acolle a presentación do libro “Las capas de una cebolla” de Fernanda Arrojo, unha obra que aborda a interseccionalidade de xénero e discapacidade física.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro proxecta unha nova cita dentro da programación da semana de Superarte, a mostra de teatro das persoas con diversidade funcional que tan boa acollida ten entre os seus veciños.

A tarde desde xoves 20 de outubro, dende as 20.30 horas, a Sala Multiusos do Concello acolle a presentación do libro “Las capas de una cebolla” de Fernanda Arrojo, unha obra que aborda a interseccionalidade de xénero e discapacidade física.

A escritora, veciña de Viveiro e con diversidade funcional, trata no seu libro sobre dous temas fundamentais: a inclusión das persoas e especialmente das mulleres con diversidade funcional, un doble reto nunha sociedade aínda con demasiadas carencias neste eido.

Fernanda Arrojo abordará en primeira persoa estas necesidades co obxectivo de dar voz e sensibilizar sobre aspectos clave da diversidade funcional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...