InicioOccidentalViveiroO Proxecto "MAVI", A Maleta Viaxeira, contra a violencia de xénero estará...

O Proxecto “MAVI”, A Maleta Viaxeira, contra a violencia de xénero estará en Viveiro durante un mes

A Concellería da Muller de Viveiro daralle promoción e difusión o proxecto nos institutos da vila coa intención é que os textos inviten á reflexión, á sensibilización e á concienciación de temas tan determinantes como a violencia sobre a muller, a igualdade, os estereotipos e os roles que estamos a vivir.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe o proxecto ‘MAVI’, a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero, unha iniciativa da Subdelegación do Goberno en Lugo que pretende achegar a diferentes colectivos a lectura sobre temas de feminismo, violencia de xénero, empoderamento e autoestima.

O acto de presentación celebrado na Sala Multiusos da Casa da Concello contou coa presenza de Isabel Rodríguez López, subdelegada do Goberno en Lugo; María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e Lara Fernández Fernández -Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

“Desgrazadamente, aínda quedan moitos pasos que dar na loita contra a lacra da violencia de xénero e no obxectivo de vivir nunha sociedade igualitaria”, suliñou María Loureiro.

“No Concello de Viveiro temos un compromiso claro neste eido, cunha concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, e persoal especializado que traballa cada día no Centro de Servizos Sociais do Concello ou no Centro de Información á Muller”, engadiu.

“Nunca debemos esquecer a responsabilidade que temos as administracións públicas para defender en voz alta e seguir apoiando a presenza das mulleres en todas as esferas da sociedade”, destacou a alcaldesa de Viveiro. “Cómpre seguir pelexando cada día, por exemplo, para eliminar os obstáculos que dificultan a incorporación da muller en condicións de igualdade ao mercado laboral e a súa promoción profesional”, insistiu Loureiro.

Viveiro é a primeira parada deste proxecto que nace para achegar os libros especialmente ás mulleres e os agresores, ademais doutros colectivos. A Concellería da Muller de Viveiro daralle promoción e difusión o proxecto nos institutos da vila coa intención é que os textos inviten á reflexión, á sensibilización e á concienciación de temas tan determinantes como a violencia sobre a muller, a igualdade, os estereotipos e os roles que estamos a vivir.

“Estamos moi ledos de que a través da Subdelegación do Goberno se poña en marcha esta actividade da ‘Maleta Viaxeira’ que nós ofreceremos aos centros educativos de Secundaria do Concello para que a teñan durante 15 días cada un. Hai que plantar semente alí onde crecen as persoas do futuro e cantas máis ferramentas lles demos para crecer en igualdade, mellor”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega.

A concelleira de Muller de Viveiro recorda, ademais, que se retoma o Club de Lectura en Feminino trala pausa do verán. Coordinado polo Centro de Información á Muller e con Estíbaliz Veiga, representante das Bibliotecas en Igualdade, como mediadora, o Clube inicia una nova andaina convidando a todas as persoas a apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro xa sexa a través do seu teléfono (982 57 06 06), presencialmente, ou a través do email do Concello (info@viveiro.es).

“É importante que se poña de manifesto e se visibilice a figura da muller en todos os eidos e sobre todo de mulleres que escriben para que outras teñan mais liberdade. Non hai que esquecer que a liberdade de xénero ten moitos obxectivos ainda que acadar”, remata Lara Fernández Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...