InicioOccidentalViveiroCase 200 maiores de 65 anos participarán en Viveiro nunha festa de...

Case 200 maiores de 65 anos participarán en Viveiro nunha festa de convivencia organizada polo Concello

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo puxo en marcha este mes polo Día Internacional das Persoas Maiores o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos este domingo 23 de outubro, unha actividade que forma parte da programación municipal polo Día Internacional das Persoas Maiores (3 de outubro).

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e están inscritas preto de 200 persoas. Inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo puxo en marcha este mes polo Día Internacional das Persoas Maiores o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

O programa ‘Reconécta-te’ incluíu clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...