O Bertamiráns F.C. presentará alegacións á Federación tras os incidentes no partido contra o Viveiro

A acta testemuña agresións, insultos, provocacións e tamén unha cuspidura desde a bancada ao árbitro principal.

Estadio Marcos Gómez de Viveiro

O Bertamiráns F.C presentará alegacións á Federación Galega de Fútbol, despois de que o partido da liga Galega xuvenil xogado este sábado, 20 de outubro, contra o Viveiro C.F, terminase cun boureo que tivo como resultado nove vermellas directas e a intervención da Policía Nacional.

O partido, celebrado no estadio municipal Marcos Gómez de Viveiro, terminou con dous adultos identificados, un pai e outro home que se presentou como “directivo” do conxunto local. Ademais, a acta testemuña agresións, insultos, provocacións e tamén unha cuspidura desde a bancada ao árbitro principal, segundo relata ‘La Voz de Galicia’.

O equipo de Bertamiráns sinalou que “sente damnificado co comportamento dos pais do Viveiro” e están a estudar que recursos presentar á Federación tras os feitos sucedidos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here