InicioOccidentalViveiroAdrián Ben será nomeado Fillo Predilecto de Viveiro este vindeiro sábado

Adrián Ben será nomeado Fillo Predilecto de Viveiro este vindeiro sábado

“Estamos moi orgullosos de Adrián, que sempre lembra as súas orixes. Tamén a súa forma de ser e os valores que transmite. É un rapaz humilde e traballador que leva o nome deste municipio por todo o mundo”, suliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle este sábado, 29 de outubro, o nomeamento do atleta Adrián Ben como Fillo Predilecto da vila nun acto que se celebrará ás 12.00 horas no teatro Pastor Díaz.

O recoñecemento ao deportista vivairense aprobouse por unanimidade na corporación municipal no mes de agosto de 2021. A decisión pon en valor a figura dun atleta de categoría internacional como o demostra o seu sexto posto no Mundial de Doha en 2019 e a quinta praza que acadou nos Xogos Olímpicos de Tokio en 2021 na modalidade de 800 metros lisos, unha posición xamais acadada por ningún atleta español.

“Estamos moi orgullosos de Adrián, que sempre lembra as súas orixes. Tamén a súa forma de ser e os valores que transmite. É un rapaz humilde e traballador que leva o nome deste municipio por todo o mundo”, suliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que presidirá o acto deste sábado.

O nomeamento de Adrián Ben como Fillo Predilecto coincidirá coa VI edición da Carreira Popular Concello de Viveiro #todosconAdry enmarcada no circuíto Tour Mariña. A proba contará con competicións e distancias para todas as idades e a liña de saída e de meta estarán situadas na Praza Maior.

O primeiro pistolezado de saída será ás 17.00 horas para a categoría de Pitufos (2015 e posteriores) que cubrirán unha distancia de 200 metros, mentres que as 17:05 será a quenda dos sub10 (2013 e 2014) que correrán 675 metros. Ás 17:15 comezarán os sub12 (2011 e 2012) con 1.325 metros por diante e ás 17:25 os sub14 e os sub16 (2007 a 2010) que cubrirán 1.975 m. As probas das categorías menores discorrerán pola Travesía da Mariña, no centro de Viveiro, cun percorrido de ida e volta.

Pola súa banda, os participantes na categoría absoluta (nados a partir de 2006) sairán ás 17:50 horas dende a Porta de Carlos V para completar os cinco quilómetros do circuíto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...