Veciños da Rúa Calvario en Viveiro intervirán no vindeiro pleno do Concello

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, indica que se trata dunha "confusión mínima nos tempos no que xa pedimos desculpas, pero que tampouco ten tanto problema. Os veciños da Misericordia presentaron un escrito para intervir no pleno, se nun pleno vai fóra de prazo pois pasaría directamente para o seguinte."


A veciñanza da rúa Calvario no barrio da Misericordia, intervirá no pleno de novembro logo de non poder intervir no anterior por presentar a súa solicitude fóra de prazo. Un malentendido por parte do BNG no Regulamento Orgánico Municipal, ao confudir a solicitude para intervir nun punto que aparece na orde do día, na que bastaría con 1 día antes, coa solicitude de intervir agregando un novo punto, na que se precisarían de 10 días hábiles.

Desde o BNG viveirense sinalan que “a alcaldesa aproveitou este malentendido para atacar nun procedemento que nunca se fixo antes nun pleno de Viveiro, denominando este erro como “artimaña política””.

A concelleira do BNG Míriam Bermúdez indica que se trata dunha “confusión mínima nos tempos no que xa pedimos desculpas, pero que tampouco ten tanto problema. Os veciños da Misericordia presentaron un escrito para intervir no pleno, se nun pleno vai fóra de prazo pois pasaría directamente para o seguinte.”

Bermúdez pídelle á alcaldesa que “para a próxima, se volve haber algunha confusión parecida, avise ao BNG ou veciñanza antes de atacarnos por prensa sen saber o por que.”

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here