InicioOccidentalViveiroViveiro inicia este sábado as celebracións do Samaín e cunha pedida de...

Viveiro inicia este sábado as celebracións do Samaín e cunha pedida de caramelos para o vindeiro luns

Dentro das actividades desta festa do Samaín, dende o Concello tamén se está a promover a recuperación dos zonchos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro invita a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 dunha ampla programación prevista para as festas do Samaín nas rúas do Casco Histórico.

O sábado comezan os Obradoiros do Samaín con dúas actividades para os máis cativos. Así, entre as 11:00 e as 12:30 horas, levaránse a cabo os talleres de elaboración de gadoupas para os cativos e cativas entre os 4 os 7 anos, mentras que entre as 12:30 e as 14:00 horas os que aprenderán a facer unha lámpada serán os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Sen dúbida será o mellor xeito de pasar as horas á espera da gran cita do luns día 31, cando chegue por fin o momento para os máis novos de saír a pedir caramelos e bailar polas rúas de Viveiro.

Haberá amenización musical e o reparto de caramelos é cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro para aqueles que acudan disfrazados aos comercios asociados.

“Queremos agradecer a Casco Histórico a súa colaboración. Os caramelos son proporcionados polo concello e repartidos en locais asociados, así que unha vez máis traballamos en conxunto nunha acción como é o Samain”, suliña a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Ademais, na noite do 31 tamén se celebrará a Noite Meiga coas danzas das Meigas e queimada que contará co acompañamento da Charanga A Santa Compaña. A cita será na Placiña da Herba entre as 22:00 e as 00:30 horas.

Dentro das actividades desta festa do Samaín, dende o Concello tamén se está a promover a recuperación dos zonchos. Trátase dunha tradición moi estendida hai décadas que consistía en ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun colar de zonchos feito con castañas cocidas colgado no pescozo para honrar aos finados.

A tradición dos zonchos está relacionada co magosto, ritual funerario que aínda hoxe consérvase coa venda de castañas nas portas dos camposantos. “Convidamos a todos os veciños e veciñas de Viveiro a continuar coa tradición dos Zonchos, un ritual centenario que queremos manter pois forma parte do noso patrimonio cultural e material. É algo moi noso e non debemos de perdelo e pasarllo a todos os nenos e nenas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega.

Convidamos a todo os que teñan algunha foto con estes tradicionais zonchos de hai anos a que as subas nas súas redes sociais para visibilizar esta tradición e que así tamén rememoremos aqueles tempos nos que todos saíamos á rúa cos nosos colares de castañas”, engade a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...