InicioOccidentalViveiroViveiro acometerá a ampliación da rede de saneamento e renovará o firme...

Viveiro acometerá a ampliación da rede de saneamento e renovará o firme de varios camiños

Con estas obras vaise actuar sobre varios viais do lugar de Brieiro, concretamente no Camiño do Fultreiro, Camiño da Fatiga e Camiño do Cruz, mellorando a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acometerá unha actuación para renovar o firme de varios camiños e ampliar a rede de saneamento no lugar de Brieiro, na parroquia de Faro.

Con estas obras vaise actuar sobre varios viais do lugar de Brieiro, concretamente no Camiño do Fultreiro, Camiño da Fatiga e Camiño do Cruz, mellorando a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Por outra parte, hai unha actuación prevista para a ampliación da rede de saneamento dun tramo da subida de estrada de Faro a Brieiro, onde tamén se renovará o aglomerado, a sinalización vial e a rede de sumideiros deteriorados.

O orzamento destes traballos na parroquia de Faro ascende a 51.554,83 euros. Están incluídos no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...