InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro trasladou ao Concello as peticións dos veciños de...

O BNG de Viveiro trasladou ao Concello as peticións dos veciños de Verxeles para mellorar a zona

Destacan a "baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados."

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro realizou unha reunión con veciños e veciñas de Verxeles nun encontro realizado no barrio de Xunqueira. Durante o encontro, a veciñanza alí reunida pediu a mellora da zona de Verxeles, sobre todo en seguridade viaria.

Desde a formación nacionalista sinalan que en novembro de 2022 o BNG rexistrou unha moción en pleno para cambiar a situación da zona de Verxeles. Segundo o documento que presentaron, esta área de Viveiro “suma abandono e falta de planificación nas poucas actuacións que aqui se levaron a cabo, traendo como resultado un lamentábel e perigoso estado das beirarrúas”. Segundo informa o BNG, varios veciños asistentes afirmaron que “en Verxeles é complicado até andar, producíndose numerosas caídas e accidentes”.

A voceira local do BNG, Míriam Bermúdez, destacou a “baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados.”

Faise necesario estudar a posibilidade de establecer como sentido único o remate da Travesía Verxeles á súa saída pola Carnizaría Xunqueira, onde se une coa Avenida Xunqueira, pois o remate deste vial é estreito non permitindo o encontro de dous vehículos”, afirma Míriam Bermúdez.

Ademais disto, durante a xuntanza pediuse estudar a ubicación dos colectores do lixo, ao lado da fonte de Xunqueira e os bancos, lugar onde se reúnen as persoas tendo que aguantar malos olores ademais da contaminación visual que provocan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...