O Concello de Viveiro está presente entre hoxe e o mércores na maior feira turística do mundo: a World Travel Market que se celebra en Londres.
A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yañez, xa comezou os primeiros contactos co obxectivo de amosar os recursos turísticos de Viveiro e do resto da comarca da Mariña, e entre os acordos pechados destaca o acadado coa Confraternidad de Saint James para levar a cabo unha presentación que promocione o Camiño do Mar e a Semana Santa de Viveiro, declarada de interese turístico internacional.
“Estamos moi felices de que acceden a facer esta presentación e agora estamos a traballar para poñerlle xa unha data”, comentou a concelleira dende a capital do Reino Unido.
A segunda reunión que mantivo Marisol Rey na primeira xornada desta 43ª edición do World Travel Market foi co secretario de Estado para o Turismo Fernando Valdés, co que traballará para impulsar o sector turístico en Viveiro.
A World Travel Market é, xunto con FITUR, unha das citas indispensables para o sector do turismo. Na presente edición conta con más 41.000 m2 de zona expositiva, 700 stands e 1.620 expositores que representan a oferta turística de 96 países e rexións, entre elas Francia, Italia, Grecia, Turquía, Portugal, Chipre, Marrocos, Malta, Croacia ou España.
A concelleira de Turismo Marisol Rey viaxou a Londres cunha axenda repleta de reunións tanto con turoperadores como con axencias de viaxes.