InicioOccidentalViveiroViveiro participa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense para mostrar...

Viveiro participa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense para mostrar todo o seu potencial

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Ferias Comerciales Internacionales” españolas que publicou a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo del Gobierno de España.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro cumpre coa súa cita anual e xa está en Xantar 2022, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra dende hoxe en Ourense. A vila conta cun stand propio no que ata o domingo se promocionar o atractivo histórico e paisaxístico da comarca, a Semana Santa e a súa gastronomía.

O concello difundirá durante estes cinco días o material de promoción turística así coma os folletos remitidos polos establecementos hostaleiros do municipio. Tamén o stand servirá de punto de encontro con turoperadores e profesionais do sector, xunto co público en xeral que sempre enche Xantar atraído polo amplo programa de actividades.

Son moitas e moi variadas as propostas que presenta o Concello de Viveiro no recinto de Expourense, entre elas o venres ofrecerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho do Celeiro acompañada por empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles (doce típico de Semana Santa) ás 12.30 horas.

Especialmente atractivo será tamén o ‘Showcooking’ que correrá a cargo de Lucas Requejo ás 13.30 horas con merluza do pincho e que supón a primeira vez que se realiza unha degustación deste tipo en directo. Baixo o epígrafe ‘ADN Gastronómico de Viveiro’, o investigador e divulgador de Ecogastronomía, director da iniciativa Prato-Do e delegado en Galicia da Fundación Ecotur amosará as virtudes do produto estrela da mariña lucense.

A 23ª edición Salón Internacional de Turismo Gastronómico dedicará precisamente este venres aos concellos de Viveiro, Ponte de Lima e á provincia de A Coruña, no que o municipio vivairense estará representado pola alcaldesa María Loureiro, o tenente de alcalde Jesús Fernández e a concelleira de Turismo, Marisol Rey.

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Ferias Comerciales Internacionales” españolas que publicou a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo del Gobierno de España. Cunha traxectoria de 22 anos xa, pon en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, sendo un referente para os destinos enogastrónomicos máis punteiros tanto de España como de Portugal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...