InicioOccidentalViveiroViveiro somérxese na arqueoloxía marítima nas VI Xornadas sobre esta disciplina que...

Viveiro somérxese na arqueoloxía marítima nas VI Xornadas sobre esta disciplina que se celebrarán esta fin de semana

O acto comezará na tarde deste venres 11 de novembro, coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a estas sesións. Mañá comezarán as xornadas, nas que intervirán unha ducia de expertos ao longo dos dous días.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que comezarán esta tarde e se prolongarán ata o domingo.

O acto comezará na tarde deste venres 11 de novembro, coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a estas sesións. Mañá comezarán as xornadas, nas que intervirán unha ducia de expertos ao longo dos dous días.

O domingo haberá espazo para coñecer, a través de dúas conferencias, as peculiaridades dos barrios pesqueiros de Viveiro e a restauración do pecio da Magdalena, exposto no Museo da Construción Naval de Ferrol. As xornadas convertéronse xa nun punto de encontro de arqueólogos, historiadores e afeccionados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...