InicioEconomíaOs fondos da Mariña e Ortegal a revisión na reunión do GALP...

Os fondos da Mariña e Ortegal a revisión na reunión do GALP este mércores en Viveiro

O GALP A Mariña-Ortegal convoca a Mesa do sector público na súa sede ademais das Mesas do sector pesqueiro, social e económico no Concello de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal está en pleno proceso de avaliación final da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, tras o peche do período operativo de traballo. Esta avaliación trátase dun proceso aberto no que o Grupo quere recoller a opinión do tecido da Mariña-Ortegal sobre a implementación da Estratexia, e sobre como afectou ao desenvolvemento do territorio da Mariña Ortegal.

Con tal fin organiza dous espazos participativos cos axentes da contorna para recibir o seu retorno e que as e os participantes poidan dar conta do impacto do traballo do GALP dende o 2014 ata hoxe, así como as súas propostas de mellora de cara ao período FEMPA.

As dúas xuntanzas terán lugar o próximo mércores 16 de novembro, en sesión de mañá na sede do GALP para o sector público, e ás 17h no Concello de Viveiro para os sectores pesqueiro, o social e o económico. A asistencia ás xornadas non require inscrición previa, para máis información pódese contactar co GALP polos medios habituais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...