Viveiro abre o prazo para inscribirse no obradoiro de manualidades en familia para este domingo

Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa.

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades en familia que se levará a cabo este domingo, día 20, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia.

Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa, a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6rhmDLAGjBzgzBTF7 ou ben cunha chamada ou whatsapp ao seguinte teléfono de contacto 654208333.

A actividade terá lugar ás 17:00h no Salón Multiusos do Concello de Vivero e está organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Benestar Social e Eureka. Consistirá nun obradoiro de chapas e a creación dun mural creativo a través do que dar visibilidade á transcendencia da Saúde Mental Infanto-Xuvenil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here