InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro denuncia como "inaceptables" os problemas no servizos de...

O Concello de Viveiro denuncia como “inaceptables” os problemas no servizos de pediatría e reclama solucións á Xunta

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, sinala “non falamos dun problema puntual, levamos moito tempo así, con tempadas nas que só hai un pediatra”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, considera “inaceptables” os problemas que desde hai tempo existen no servizo de pediatría do centro de saúde do municipio.

“Non falamos dun problema puntual, levamos moito tempo así, con tempadas nas que só hai un pediatra”, lembra Loureiro, que lamenta que “a única alternativa sexa que as familias teñan que ir ata Burela, onde tamén teñen os seus problemas e prodúcese un colapso”.

“Ademais, non é só pediatría, no centro de saúde de Viveiro hai días nos que só hai dous ou tres médicos dispoñibles para unha poboación de 15.000 persoas”, afirma.

A alcaldesa de Viveiro critica “a inacción da Xunta de Galicia, falamos dun servizo básico e esencial”, polo que esixe á Consellería de Sanidade “unha solución urxente ás carencias na atención primaria”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...