InicioOpiniónOPINIÓN: Quen asume a responsabilidade?

OPINIÓN: Quen asume a responsabilidade?

A concelleira do BNG de Viveiro expresa o seu parecer sobre a resolución de readmisión dunha traballadora da limpeza.

Publicada o

- Advertisement -

Miriam Bermúdez, voceira do BNG no Concello de Viveiro

Remata, por fin, a tortura para a traballadora de limpeza do Concello de Viveiro, quen se viu obrigada a interpoñer unha demanda contra o mesmo para pelexar polo seu posto de traballo, conseguindo que se declarase nulo o seu despedimento. Case cinco anos de trámites legais, dous xuízos costeados do seu peto, para facer entrar en razón a unha alcaldía que insiste en resolver os asuntos laborais das traballadoras do Concello nos xulgados. Por que aprobou o Goberno a re-contratación do servizo de limpeza do CEIP Celeiro cando xa existía unha traballadora para esta mesma tarefa recoñecida como persoal laboral indefinido do Concello meses antes? De non facelo, todo isto teríase evitado, quen son responsables?

Afirmaba no pleno do pasado martes María Loureiro, que os trámites xudiciais non tiñan coste para o Concello. Pois fagan a conta: a asesoría xurídica do Concello, pagada con cartos públicos; máis o servizo de limpeza do colexio de Celeiro por duplicado: por un lado a empresa que está contratada polo concello, e por outro a traballadora que hai que reincorporar, sumando os soldos atrasados dende hai máis dun ano e unha indemnización por danos morais, lóxicamente.

Non sería por non advertir dende o BNG que as decisións que se estaban tomando non eran as axustadas, mais hai quen ten por diante sempre o rédito político, no canto de exercer un bo goberno, respectuoso, crendo que este proceso pasaría desapercibido como tantos outros que levan ocorrido baixo o mandato desta alcaldesa. Un goberno de escaparate?

Ofendíase e atacaba a alcaldesa ao BNG esixindo que se desculpara. Vista a sentenza, non lle vamos pedir que se desculpe vostede agora. Ímoslle pedir que goberne do lado das veciñas e veciños de Viveiro, e non na súa contra, como fixo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...