O Concello de Viveiro apoia a concentración do vindeiro domingo en defensa do servizo de pediatría

A convocatoria, baixo o lema “Nin un só día sen pediatra” denuncia a falta de pediatras no centro de saúde de Viveiro. Esta circunstancia obriga ás familias a desprazarse a outros municipios para que os cativos e cativas reciban atención médica.

Centro de saúde de Viveiro. AXM

O Concello de Viveiro súmase ás reivindicacións da plataforma “Salvemos a Sanidade Pública” para reclamar melloras no servizo de pediatría do municipio. A plataforma convoca unha concentración para este domingo, 20 de novembro, ás 12 da mañá fronte ao centro de saúde.

A convocatoria, baixo o lema “Nin un só día sen pediatra” denuncia a falta de pediatras no centro de saúde de Viveiro. Esta circunstancia obriga ás familias a desprazarse a outros municipios para que os cativos e cativas reciban atención médica.

Esta semana, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, cualificou de “inaceptables” os problemas do servizo de pediatría no centro de saúde da vila. A estes problemas súmase tamén a falta de profesionais médicos noutras áreas.

A Xunta de Galicia non está a tomar medidas para remediar esta situación, que pon en risco un servizo básico e esencial como é a sanidade pública e, en concreto, a atención primaria”, recorda Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here