InicioOccidentalViveiroSubvencións do Concello de Viveiro en compromiso co deporte local

Subvencións do Concello de Viveiro en compromiso co deporte local

“Na adxudicación destas subvencións deportivas téñense en conta determinados criterios segundo se trate de equipos séniors ou clubs que traballen con categorías inferiores.” detalla a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro mantén o seu apoio e compromiso co deporte de base local coa concesión das subvencións nominativas por un importe conxunto de 95.400 euros con 25 clubs e asociacións deportivas.

A través da tramitación de modificacións de crédito no orzamento municipal de 2022 con cargo ao remanente de tesourería de 2021, concedéronse estas subvencións dos que 63.900 euros corresponden a gastos de temporada, e 31.500 euros son en concepto de gastos de organización de diferentes eventos deportivos.

Ademais, o Concello de Viveiro colabora ao longo de todo o ano cos distintos eventos que se organizan no municipio, como mostra do seu compromiso co deporte e, sobre todo, no impulso do deporte base.

“Na adxudicación destas subvencións deportivas téñense en conta determinados criterios segundo se trate de equipos séniors ou clubs que traballen con categorías inferiores. Neste último caso, se os colectivos ou asociacións están ubicados no concello, concédeselles un importe unitario de 1.500 euros como mínimo”, detalla a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“En xeral analízase a categoría na cal militan e valórase, asemade, a súa clasificación para competicións provinciais, galegas ou nacionais, xunto ao número de equipos, por categorías, dentro de cada club”, engade a alcaldesa.

Á hora de que decidir ás subvención establécense diferencias entre aquelas entidades que deben desprazarse nun mesmo día a diferentes localidades para competir, as que incrementaron os seus gastos durante a temporada anterior por clasificarse para competicións de ámbito nacional ou as que, pola súa propia normativa, teñen que cumprir con determinados requisitos como a obrigatoriedade de levar un vehículo en carreira.

“Polo que respecta aos equipos séniors, concédeselles unha subvención de 500 euros a cada un deles polo tempo dedicado a ensinar e promocionar o deporte en categoría adultos”, recorda María Loureiro.

Ademais, o Concello de Viveiro asume a xestión e os gastos de mantemento da Piscina Municipal, do Pavillón Municipal e do Campo Municipal Marcos Gómez, xunto ao pavillón do IES Vilar Ponte, que é utilizado por asociacións e colectivos deportivos fóra de horario escolar. Tamén se sufraga a luz e a limpeza parcial do pavillón de Celeiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...