O BNG de Viveiro reclama paneis informativos nas paradas de autobús do concello

Os nacionalistas piden unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fose necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.


O BNG de Viveiro apunta que algunhas paradas de autobús de Viveiro non contan con letreiro indicador nin de presenza nin de información cos destinos, horarios e prezos. Tamén sinalan as poucas paradas que contan con marquesiñas. Estas últimas foron “solicitadas reiteradamente polo BNG ano tras ano coincidindo co comezo da tempada escolar”.

O BNG de Viveiro solicitará ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes acordos:

Colocar indicadores con información nas paradas con información dos destinos, horarios e prezos, comezando polas que teñan máis frecuencias de liñas.

Gardar unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fose necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here