InicioEconomíaIsabel Méndez Rivera: "Buscamos que as nosas vilas teñan vida e para...

Isabel Méndez Rivera: “Buscamos que as nosas vilas teñan vida e para iso son necesarios convenios con organismos e institucións públicas”

Isabel Méndez é xerente do Centro Comercial Aberto Casco Histórico de Viveiro. Nunha breve entrevista explícanos cales son as funcións da súa xenrencia e o valor e significado que ten o CCH de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

-Como naceu a idea do Centro Comercial Aberto Casco Histórico de Viveiro?

Nós somos un centro comercial aberto. Estes centros existen desde hai uns vinte anos e son un sistema creado pola Xunta de Galicia para dotar ás asociacións de comerciantes de vilas, como Viveiro, que pasan dos 10.000 habitantes, dun sistema profesionalizado. Isto é, que as asociacións tivesen unhas oficinas, cun xestor ou xerente que organice campañas de promoción e dea servizos de asesoramento en materia comercial. O de centro comercial aberto nade de aí. Neste momento en Galicia debemos ser uns 53. A asociación de comerciantes en Viveiro xa existía antes do centro comercial aberto. Viveiro sempre tivo moito comercio e era un referente nese sentido para toda a Mariña e Ortegal. De aí que nacese unha Asociacón de Comerciantes de Viveiro.

-Falas de dar servizos profesionalizados á Asociación de Comerciantes.

Eu estou como empregada e o meu labor consiste en darlles servizos de asesoramento en materia laboral, comercial e de todo aquilo que necesitan. Calquera dúbida que teñan eu mantéñoos informados puntualmente como son axudas ou subvencións. Envío resumos, falo da última axuda que saiu e temos estes prazos. Mantéñoos informados de todo tipo de servizos desde as autoridades. Os comerciantes teñen que estar pendentes dos seus negocios, non poden estar moito tempo pendente dos anuncios de axudas etc. Logo teñen unha xunta directiva que toma decisóns como que campañas levar adiante e o investimento nelas. Non obstante, un comerciante non pode darlle un servizo profesional a toda unha asociación onde hai, como na nosa, agora mesmo 120 negocios asociados. Iso sería inviable, debe facelo unha persoa que leve eses temas. Os comerciantes están para temas de representación e outros que lles roube o menos tempo posible. O resto fágoo eu.

Viveiro sempre tivo moito comercio e era un referente nese sentido para toda a Mariña e Ortegal

-Cales son os cambios que notou o comercio de Viveiro desde a creación do Centro Comercial Aberto?

Todos os comercios teñen unha placa indentificativa, iso di que pertences a un colectivo que organiza campañas de dinamización para promocionar o mercado local. Entón, todas as accións son coordinadas desde aquí, desde esta oficina. Leva unha imaxe que conxunta. Por exemplo, temos un black friday agora, todos os que se apunten terán a mesma bandeirola e os mesmos carteis do black friday coa mesma imaxe. O que dá é unidade, visibilidade, marca xenérica e sobre todo, dotar de profesionalidade todo canto facemos. Á parte, o que transmites desde unha xerencia a través das RRSS, dos medios etc., o que transmites é unha información única do conxunto de negocios. Unificamos e así saen mellor as cousas. Iso tamén se pode ver nos convenios que asinamos. Temos un para transporte, porque hoxe todo se move en paquete por vendas en Internet. Non é o mesmo facer un convenio de transportes para sacar unhas tarifas para un negocio que para 120 como facemos nós. Estar unidos trae vantaxes.

-Cales son os convenios máis importantes que se conseguiron?

Temos conseguido convenios para campañas de dinamización comercial a pé de rúa. O que se fai así é fomentar as economías sociais. Buscamos que as nosas vilas teñan vida e para iso son necesarios convenios con organismos e institucións públicas para poder levar adiante todo este tipo de campañas. Despois hai convenios a nivel de usuario, dos propios socios que integran a asociación, como son convenios de telefonía, servizos financeiros co banco, temas de seguros e o tema de transporte. Este é o máis importante para nós porque a xente envía para fóra con tarifas moi asequibles. Nós competimos con grandes plataformas. Debemos pensar en que teñan o mínimo cuto en transporte, iso para eles é primordial.

Damos unidade, visibilidade, marca xenérica e sobre todo, dotar de profesionalidade todo canto facemos

-Dentro das diferentes ramas do comercio de Viveiro, cales son os que precisan dun maior impulso?

Agora mesmo e a nivel xenérico, todos os sectores necesitan un empuxe. Se deixamos de mercar no comercio local, as vilas morren. Por moito que lle vaia ben a un bar ou restaurante, se pechan as tendas o comercio, a vila perde atractivo, a xente xa non vén nin as fins de semana, os bares tamén van pechar. É dicir, non é que uns necesiten máis axudas ca outros, isto é un efecto dominó. Se todas as pezas funcionan ben, o mecanismo estará sempre en marcha. Se unha das pezas cae automaticamente haberá máis caídas. Nós facemos campañas para hostalaría e comercio porque as dúas van da man. Se a xente vén animada polas campañas de hostalaría, pasearán polas rúas e verán as tendas e poderán entrar e viceversa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...