InicioOccidentalViveiroConcello de Viveiro e Deputación de Lugo asinan un convenio para impulsar...

Concello de Viveiro e Deputación de Lugo asinan un convenio para impulsar as festividades e citas culturais

O Concello de Viveiro traballa activamente desde hai anos para manter e impulsar todas as tradicións locais, desestacionalizando ademais desta forma a chegada de visitantes.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, asinou un convenio de colaboración co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, polo cal a institución provincial destina 150.000 euros ao Concello para o desenvolvemento de actividades e eventos que o municipio organiza ao longo do ano, como poden ser as festividades de Nadal, de Entroido, as festas de verán ou mesmo as Maulas de Galdo.

Ademáis, partidas deste convenio destinaranse tamén para outras moitas citas veciñais e parroquiais nas que o concello colabora activamente.

A rexedora local quixo agradecer ao presidente provincial esta achega, que “axudará a seguir celebrando algunhas das festas e actividades máis arraigadas entre os veciños e veciñas de Viveiro e que supoñen tamén un pulo turístico e económico para o tecido empresarial de Viveiro”.

O Concello de Viveiro traballa activamente desde hai anos para manter e impulsar todas as tradicións locais, desestacionalizando ademais desta forma a chegada de visitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...