InicioOccidentalViveiroModificada a liña de ribeira para que Viveiro poida arranxar a rúa...

Modificada a liña de ribeira para que Viveiro poida arranxar a rúa de beiramar da Variante

O conxunto destes espazos obxecto de cesión ten unha superficie aproximada de 18.000 metros cadrados.

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Viveiro informa que a Dirección Xeral da Costa e do Mar xa aprobou a modificación da liña de ribeira do mar en diversas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, declarando, ademais, a innecesariedade para a protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre.

O goberno local sinala que este é un gran avance na xestión e tramitación que dende o Concello de Viveiro se vén realizando para pode contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos, permitindo continuar coa tramitación da desafectación e posterior cesión ao concello.

Neste sentido, cómpre lembrar que o Concello de Viveiro, en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos que hoxe en día forman parte do dominio público marítimo terrestre, procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre.

Por outra parte, está a punto de rematar a tramitación necesaria para a desafectación deses terreos e posterior cesión ao concello por parte de Patrimonio do Estado, acordando xa neste momento a Dirección Xeral da Costa e do Mar solicitar ao Ministerio de Facenda que proceda á desafectación destes terreos.

Finalmente, con respecto ao estado no que está a explanada da Variante, cómpre indicar que o Concello de Viveiro é coñecedor da situación e que comprende as molestias que estas circunstancias ocasionan. “Tal e como se explicou en diversas ocasións, trátase dunha problemática complexa, ao non ser un espazo de titularidade municipal e no que, polo tanto, non se podía adoptar unha solución definitiva.”

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...