O curso ‘Comprender e apoiar a nenas e nenos no espectro do autismo’ recibe boa acollida en Viveiro

'Viveiro Inclúe' é unha iniciativa que partiu das concellerias de Benestar Social e Cultura. "Aí naceu 'Superarte', a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, unha referencia a nivel nacional e xa unha prioridade para o noso goberno; ademais, no ano 2021 dedicouse ao TEA", lembra a alcaldesa, María Loureiro.


O Concello de Viveiro destaca a elevada inscrición e boa acollida do curso de formación ‘Comprender e Apoiar a Nenas e Nenos no Espectro do Autismo’.

O programa de formación será impartido este sábado, 3 de decembro, por Marlene Horna Castiñeiras, psicóloga experta con máis de vinte anos de experiencia no apoio das persoas con trastorno de espectro autista (TEA).

Esta actividade forma parte de ‘Viveiro Inclúe’, un proxecto municipal para convertir o concello nun lugar inclusivo para as persoas con diversidade funcional.

‘Viveiro Inclúe’ é unha iniciativa que partiu das concellerias de Benestar Social e Cultura. “Aí naceu ‘Superarte’, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, unha referencia a nivel nacional e xa unha prioridade para o noso goberno; ademais, no ano 2021 dedicouse ao TEA”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.

O curso levarase a cabo na Sala Multiusos do Concello de Viveiro o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

A formación é de balde para familias e profesionais gracias ao financiamento do Concello de Viveiro, mais é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/KDs8hv7vKWytF4Zc7 ou contactando co número de teléfono 698 131 581, mediante chamada ou envío de WhatsApp.

O prazo de inscrición remata mañá mércores 30 de novembro, ou de ser o caso unha vez completado o aforo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here