InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro apunta que a veciñanza da Misericordia segue esperando...

O BNG de Viveiro apunta que a veciñanza da Misericordia segue esperando a reunión co goberno local

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Vivieiro apunta nun comunicado que  veciñanza da Misericordia continúa esperando “pola reunión que a alcaldesa anunciou que ía manter con ela e xunto cos técnicos municipais, no pasado pleno de novembro”.

Sinalan que despois de 20 anos, a veciñanza leva “sufrindo un grave problema urbanístico de acceso ás súas vivendas e co informe da xerente de Ambulancias Burela corroborando que as ambulancias non poden acceder en caso de emerxencia”.

É por este motivo que desde o Bloque viveirense salienta que a veciñanza da Misericordia tivo que solicitar que “se lle dese voz no pleno para ser escoitada, algo que nunca se fixera no concello e que se conseguiu grazas ás sinaturas das persoas veciñas que empatizaron coa súa situación”.

Míriam Bermúdez, concelleira do BNG, indica que “de algo serviu a súa intervención no pleno, pois comentou a alcaldesa que facendo o inventariado municipal, apareceu un vial que podería dar solución a esta situación, e que sería o persoal técnico do concello quen daría os detalles”. Desde o BNG piden á alcaldesa que convoque a reunión cos veciños e veciñas da Misericordia sen máis demora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...