Viveiro anuncia o 5 de decembro como o día en que prenderá as luces de Nadal e inaugura o belén “Viveiro ante o Berce”

“Dende o Concello de Viveiro animamos a toda a veciñanza e aos visitantes a que se acheguen ao noso municipio para desfrutar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir do luns co acendido da decoración”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


O Concello de Viveiro informa de que o próximo luns, 5 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar o acendido das luces de Nadal no municipio. Ademais, continuando cos actos tradicionais destas datas, abrirase ao público o belén ‘Viveiro ante o berce’ no atrio da Igrexa de Santa María.

A actuación do Coro Infantil do CEP Lois Tobío amenizará estes actos, que tamén contarán este ano co tradicional chocolate con churros.

O belén ‘Viveiro ante o berce’ está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e a dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

“Dende o Concello de Viveiro animamos a toda a veciñanza e aos visitantes a que se acheguen ao noso municipio para desfrutar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir do luns co acendido da decoración”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Para pechar este día tan especial no que as rúas da vila destilan xa ilusión e se preparan para o Nadal, o Concello de Viveiro segue no camiño de normalizar a inclusión e de colaborar solidariamente con asociacións que traballan en pro da saúde mental e da inclusión coa celebración dunha gala de maxia solidaria.

Así, o Teatro Pastor Díaz acolle, a partir das 20.30 horas, a actuación que levan a cabo AMAM e Saúde Mental A Mariña na que interveñen cinco magos. O prezo da entrada é de 5 euros e todo o recadado será doado a apoiar á Asociación Saúde Mental A Mariña.

“Estamos moi contentos de poder colaborar con eles e agardamos que sexa una gala multitudinaria para así poder contribuír e darlles esa axuda que precisan para poder loitar por un Viveiro mellor e por un mundo máis inclusivo”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here