InicioOccidentalViveiroViveiro informa sobre o proceso para cubrir temporalmente prazas de monitor deportivo-socorrista

Viveiro informa sobre o proceso para cubrir temporalmente prazas de monitor deportivo-socorrista

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anuncia a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Lugo da convocatoria dun novo prazo de presentación de solicitudes para a selección de persoal, con carácter temporal, para a cobertura provisional das prazas de monitor deportivo-socorrista da Piscina Municipal.

O obxectivo é cubrir as necesidades urxentes e imprescindibles que se produzan, sempre e cando non sexa posible a súa cobertura con persoal propio municipal.

Con esta nova convocatoria búscase actualizar a lista de emprego vixente, tendo en conta as dificultades para a cobertura temporal de prazas pola escaseza de participantes que figuran nesta lista de emprego.

O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles. As bases e o anexo correspondente están publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web municipal www.viveiro.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...