Obradoiro en Viveiro para o vindeiro mércores sobre a implementación da axenda 2023 na vila

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) impulsa dende 2017 a promoción desta Axenda 2030 no eido local en Galicia, que a pesar da súa ambición global trátase en esencia dun proxecto que emprega as institucións máis próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.

Casco histórico de Viveiro. AXM

O Concello de Viveiro anuncia para o mércores día 7 a realización dun obradoiro que tratará do Plan de Implementación da Axenda 2030 na vila, unha actividade que serve para dar un paso máis na adhesión do municipio ao proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación”. Este programa está concibido como unha estratexia global para traballar conxuntamente a través dos 17 obxectivos (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible.

A Sala Multiusos do Concello acolle o día 7 de decembro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, este taller  no que se explicará a Axenda 2030 e os seus 17 ODS como reto mundial no ámbito local, se exporá cal é o punto de partida do Concello de Viveiro segundo a análise realizado tras o proceso participativo de recolla de información levado a cabo fai uns meses, e se presentará tamén a proposta local. Posteriormente abrirase a intervención a todos os asistentes para que as veciñas, veciños e persoal do Concello dea a súa opinión e faga as súas aportacións.  

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS) impulsa dende 2017 a promoción desta Axenda 2030 no eido local en Galicia, que a pesar da súa ambición global trátase en esencia dun proxecto que emprega as institucións máis próximas á sociedade para poder executar accións que teñan un impacto directo no día a día das persoas e a contorna.

A inscrición a este interesante obradoiro pódese facer a través do seguinte enlace:  https://forms.gle/hL3hx2WDorX1CnpbA

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here