InicioOccidentalViveiroViveiro anima ás persoas voluntarias que colaboren en proxectos sociais

Viveiro anima ás persoas voluntarias que colaboren en proxectos sociais

As iniciativas son para traballar con colectivos desfavorecidos; dúas delas de carácter educativo, outra centrada en actividades de compañía e outra no reparto de alimentos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servicios Sociais, anima ás veciñas e veciños de Viveiro a participar nos catro proxectos de carácter social que se levan a cabo no municipio.

As iniciativas son para traballar con colectivos desfavorecidos; dúas delas de carácter educativo, outra centrada en actividades de compañía e outra no reparto de alimentos. Por unha banda, búscanse persoas interesadas en participar nun proxecto de apoio educativo, lecer e tempo libre, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Outra iniciativa precisa voluntariado para un proxecto de alfabetización e preparación de probas de avaliación libre en formacións básicas. Tamén se propón a participación nun proxecto de apoio para as actividades de paseo e acompañamento de citas médicas, sendo indispensable ter carnet de conducir.

Como remate, proponse a participación para unha actividade de reparto de alimentos perecedoiros entre as familias máis vulnerables. Para os dous primeiros proxectos é necesario a colaboración de persoal voluntario que teña formación na área educativa ou social. As persoas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais deben chamar ao Centro de Servizos Sociais de luns a venres de 09:00h a 14:00h aos teléfonos 982 550 421 ou 604 046 956.

No Día Internacional dos Voluntariaos, que se celebra hoxe, o Concello de Viveiro “agradece enormemente a participación de cada un dos voluntarios e voluntarias que colaboraron e colaboran nos diferentes programas ao longo do tempo, adicando o seu tempo libre axudando a quen mais o necesita de éxito desinteresado”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social.

“As actividades voluntarias sempre contan con certificación oficial e supoñen unha enriquecedora aproximación ao mundo sociolaboral”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...