O grupo municipal de ‘Por Viveiro’ envíou un rogo ao goberno local lembrando que o 30 de outubro de 2021 celebrouse o Primeiro Foro Económico do Concello de Viveiro, que naceu coa idea de ser “punto de encontro e dialogo do sector empresarial e de servizos do noso concello, para analizar a situación económica daquel momento e fomentar propostas que posibilitasen a reactivación da economía local despois da pandemia Covid-19″.
Segundo ‘Por Viveiro’, dito Foro contou cunha elevada asistencia de publico, tamén se valorou o esforzo do empresariado local entregando un Recoñecemento Empresarial do Ano a unha empresa de Viveiro.
A mesma formación local apunta que o goberno local comunicou en distintos medios que “a idea era que o Primeiro Foro Económico de Viveiro tivera continuidade en sucesivas convocatorias de periodicidade anual”.
‘Por Viveiro’ finalemente destaca “rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno dos motivos de non realizar a convocatoria do Segundo Foro Económico de Viveiro”.