InicioOccidentalViveiro'Por Viveiro' pide ao goberno local a celebración dun segundo foro económico...

‘Por Viveiro’ pide ao goberno local a celebración dun segundo foro económico sobre o concello

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal de ‘Por Viveiro’ envíou un rogo ao goberno local lembrando que o 30 de outubro de 2021 celebrouse o Primeiro Foro Económico do Concello de Viveiro, que naceu coa idea de ser “punto de encontro e dialogo do sector empresarial e de servizos do noso concello, para analizar a situación económica daquel momento e fomentar propostas que posibilitasen a reactivación da economía local despois da pandemia Covid-19″.

Segundo ‘Por Viveiro’, dito Foro contou cunha elevada asistencia de publico, tamén se valorou o esforzo do empresariado local entregando un Recoñecemento Empresarial do Ano a unha empresa de Viveiro.

A mesma formación local apunta que o goberno local comunicou en distintos medios que “a idea era que o Primeiro Foro Económico de Viveiro tivera continuidade en sucesivas convocatorias de periodicidade anual”.

‘Por Viveiro’ finalemente destaca “rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno dos motivos de non realizar a convocatoria do Segundo Foro Económico de Viveiro”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...