InicioOccidentalViveiroViveiro celebra o éxito da xornada formativa 'Comprender e apoiar a nenas...

Viveiro celebra o éxito da xornada formativa ‘Comprender e apoiar a nenas e nenos con espectro do autismo”

“Valoramos moi positivamente a participación e asistencia de profesionais dos diversos Centros Educativos do municipio, así como de familias e persoas procedentes non só de Viveiro, senón tamén doutros Concellos do territorio galego, interesados nesta temática”, afirma Victoria Baamonde Gómez, concelleira de Benestar Social e organizadora do evento.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro aplaude o éxito da xornada formativa ‘Comprender e apoiar a nenas e nenos no espectro do autismo’, impartida por Marlene Horna Castiñeiras este pasado sábado coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

“Valoramos moi positivamente a participación e asistencia de profesionais dos diversos Centros Educativos do municipio, así como de familias e persoas procedentes non só de Viveiro, senón tamén doutros Concellos do territorio galego, interesados nesta temática”, afirma Victoria Baamonde Gómez, concelleira de Benestar Social e organizadora do evento.

O público destacou o ameno que resultou a xornada, cargada de exemplos prácticos que facilitaron a asimilación de pautas de intervención, e especialmente a relevancia e gratitude ó Concello de Viveiro por ofertar gratuitamente formación por parte dunha persoa tan recoñecida no mundo da educación e a psicoloxía como Marlene Horna Castiñeiras, autora do libro ‘Nenos e nenas no Espectro do Autismo: comprensión e estratbenesexias prácticas de apoio educativo’.

“Para min foi un pracer formar parte da iniciativa do Concello de Viveiro que ofreceu unha oportunidade máis a educadores, familias e demais veciños e veciñas para coñecer mellor a parte dos seus concidadáns, as persoas no espectro do autismo. Agradezo a boa organización do evento, a alta afluencia de público e, especialmente, a súa participación activa durante toda a xornada, o que sen dúbida nos enriqueceu a todos”, afirmou Marlene Horna.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...