O Concello de Viveiro e a Comisaría da Policía Nacional de Viveiro organizan o próximo luns 12 de decembro, ás 20:30 horas, unha charla informativa sobre as principais estafas en Internet e nas redes sociais.
A Sala Multiusos da Casa do Concello acolle este encontro que ten como obxectivo explicar, entre outros aspectos, como actúan os ciberdelicuentes a través das webs así como dar consellos para poder evitar os timos ou enganos.
“Desgrazadamente, estas prácticas van a máis, polo que queremos informar aos nosos veciños e veciñas de como previr este tipo de situacións, agradecendo a colaboración da Policía Nacional“, explica a alcaldesa, María Loureiro.
A charla, impartida por axentes da Comisaría de Viveiro, é totalmente gratuíta e está aberta a todos os veciños e veciñas ata completar aforo, aínda que está especialmente recomendada para as persoas maiores, as máis vulnerables neste tipo de situacións.