InicioEconomíaConcurso de decoración de balcóns, fachadas e locais comerciais organizado pola CCH...

Concurso de decoración de balcóns, fachadas e locais comerciais organizado pola CCH de Viveiro

Poderán participar tódolos veciños e tódolos establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón,escaparate ou interior do local.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello de Viveiro, organizan o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal que xurde co obxecto de incentivar a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais. Poderán participar tódolos veciños e tódolos establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón,escaparate ou interior do local.

Un xurado composto por membros da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, da Corporación Municipal e por profesionais do sector da decoración valorará a creación artística, a orixinalidade, a iluminación e os materiais utilizados. O Xurado visitará e valorará os balcóns, fachadas e establecementos participantes antes do 30/12/22, día no que se dará a coñecer o nome dos gañadores.

Cada interesado en participar deberá inscribirse na oficina do CCHV antes do 23 de decembro ás 14 horas, ou por teléfono no 982550707, por whatsApp no 650506717 ou por mail en info@viveirocentro.com, cós seguintes datos: Nome e apelidos do participante, Teléfono e Dirección exacta do inmoble, ben sexa vivenda particular ou negocio, que se presenta a concurso.

As categorías e premios serán:

CATEGORÍA VECIÑOS:

– 1º Premio ó mellor balcón ou fachada navideña 150€

– 2º premio 100€

– 3º premio 50€

CATEGORÍA COMERCIOS:

– Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña 100€

– Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento 100€

– Premio á mellor decoración de local de hostalaría 100€

“O concello de Viveiro apoia esta iniciativa que será un aliciente máis para Vir á nosa Vila nestas datas tan especiais” indica Lara Fernandez Fernandez-Noriega, Concelleira de Cultura, “que destaca que “O comercio de Viveiro supérase cada ano na decoración dos seus establecementos e son moitos os veciños e veciñas que cada ano miman as súas fachadas en fan que está época do año sexa especialmente fermosa. Grazas ó centro comercial histórico por promover esta iniciativa aberta a todo ó comercio local”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...