InicioOccidentalViveiroViveiro inicia este venres a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material...

Viveiro inicia este venres a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pon en marcha dende hoxe, 9 de decembro, ata o venres día 23 a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís.

A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Os xoguetes, material escolar e libros doados deberán ser novos, entregaranse no seu envoltorio orixinal e sen empaquetar.

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...