InicioOccidentalViveiroO GALP A Mariña-Ortegal presenta a súa nova estratexia até o 2027

O GALP A Mariña-Ortegal presenta a súa nova estratexia até o 2027

Para dar comezo a esta nova etapa porá en común coas persoas asistentes a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal remata o proceso de avaliación final da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo tras o peche do período FEMP 2014-2020 e presenta o documento guía que fará de timón no novo período do FEMPA ata 2027.

Tras a avaliación final do traballo desenvolto polo grupo na xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca en colaboración coa Consellería do Mar que o grupo vén desenvolvendo nos últimos meses, presenta o próximo mércores as conclusións e a súa nova Estratexia que estará en vigor ata 2027.

Para dar comezo a esta nova etapa porá en común coas persoas asistentes a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. O documento, froito dun proceso de participación desenvolto dende este pasado verán, marca as liñas de traballo do GALP no novo período do FEMPA que se extende agora ata 2027.

A xuntanza terán lugar o próximo mércores 14 de decembro ás 17h nunha sesión no Concello de Viveiro (Praza Maior, 1). Para máis información pódese contactar co GALP polos medios habituais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...