O BNG de Viveiro apunta a necesidade aplicar unha normativa antirruído. Para iso presentaron en 2019 unha petición de ordenanza contra o exceso de ruído. Segundo os nacionalistas en Viveiro “catro anos despois e tras múltiples peticións por parte do BNG e da Asociación de Veciños do Casco Histórico, a ordenanza está sen aprobar e fai máis de un ano que non se convoca comisión para acordar o texto”.
Segundo o BNG de Viveiro a vila “acapara portadas de xornais e informativos mostrando a decadencia urbanística do casco histórico e a situación insufrible que padece a pouca veciñanza que queda nel”.
O BNG pide ter en conta o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústia de Galicia establece un prazo máximo dun ano para a realización de dita ordenanza. Tamén reclaman un informe das accións que ten previstas o equipo de goberno para paliar a situación decadente do casco histórico.