A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro inclúe concursos e sorteos. Este ano repartiranse máis de 120 árbores de luces leds que están colocados nas entradas dos comercios. Ademais haberá ambientación musical, posto que nas rúas soarán panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Intalarase a árbore de luces xigante cun novo emprazamento, os Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionarase o valado exterior da mesma.
Tamén se instalará nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel” en colaboración co Concello de Viveiro, en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde os dias 17 e 18 de Decembro e dende o 21 ó 24. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita.
Durante eses dias Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán todas as cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta.
O prato forte será o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. O reparto das papeletas será a partir do día 26 cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo. O premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.
O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 10ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.