InicioOccidentalViveiroViveiro celebra a acollida da primeira xornada de convivencia "O Comercio Inclúe"

Viveiro celebra a acollida da primeira xornada de convivencia “O Comercio Inclúe”

“A primeira mañá foi todo un éxito tanto para os usuarios e usuarias que participaron na acción por parte de Aspanane, como para os comerciantes que están desexando que chegue o día de mañá, e incluso repetir o evento noutra ocasión”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, Aspanane e o Centro Comercial Histórico de Viveiro cualifican de todo un éxito as xornadas de convivencia que baixo o epígrafe ‘O Comercio inclúe’ comezaron a desenvolverse esta mañá na vila.

Nunha acción a tres bandas impulsouse esta iniciativa que inclúe a persoas con diversidade funcional en diferentes establecementos de Viveiro, co obxectivo de que teñan a experiencia de traballar nos diferentes eidos do comercio local.

“A primeira mañá foi todo un éxito tanto para os usuarios e usuarias que participaron na acción por parte de Aspanane, como para os comerciantes que están desexando que chegue o día de mañá, e incluso repetir o evento noutra ocasión”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura e Muller.

“Para o equipo de goberno é prioritario seguir traballando por un Viveiro máis inclusivo e así o seguiremos a facer, deseñando este tipo de iniciativas que o que fan é visibilizar, sensibilizar e tamén darlle oportunidades ás persoas con diversidade funcional”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, que agradece a implicación de Aspanane e do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...